miércoles, 29 de abril de 2009

Memoria do holocausto

Como complemento á lectura visionamos o seguinte vídeo, no que se amosa a a crudeza implícita do libro "O neno do pixama a raias".
Na elaboración do vídeo, galardonado co segundo premio de Innovación Educativa 2007, colaborou o profesor do noso IES Vicente Sánchez Martín.


O NENO DO PIXAMA A RAIAS



O neno do pixama de raias foi a lectura seleccionada para este trimestre no módulo de Competencia Comunicativa e Dixital. Tras varias sesións de animación, seguindo o modelo dun club de lectura, cada alumno elaborou unha ficha-comentario e un comentario no blog.

"O neno do pixama de raias" vén precedido por un gran éxito en Irlanda e polo aviso da súa tradución a dúas decenas de idiomas.
Conta a experiencia de Bruno, un neno de nove anos fillo dun oficial nazi, que é destinado ao campo de concentración de Auschwich.
O libro xoga coa contraposición entre a realidade sórdida e a mirada inxenua dun neno. Nesta fricción, dáse un proceso de aprendizaxe da traxedia dirixido principalmente ao propio lector.
En definitiva, unha boa narración, construída con delicadeza e recomendable para lectores desde a puberdade.